viernes, 10 de diciembre de 2021

VIAXAMOS Á IDADE ANTIGA

 Coñecemos o pasado, para comprender o presente e mellorar o futuro.

Fixemos obradoiros con Sara, ela é historiadora e viaxamos ao pasado facendo unha morea de actividades: Escribimos o noso nome como os exipcios (xeroglíficos), xogamos cos números romanos, creamos mosaicos romanos, collares exipcios e máscaras gregas. 






Viaxamos ao antigo Exipto, a antiga Grecia e ao Imperio Romano coa axuda destes videos:






Elaboramos mapas mentais para ordear as ideas das diferentes épocas da Idade Antiga.











lunes, 15 de noviembre de 2021

CULTIVANDO VIDA NO NOSO HORTO

 Seguimos aprendendo no nosos horto ecolóxico e sostible. As tomateiras que plantamos a pasada primavera chegan ao seu fin. Arrancamos as plantas secas e recollemos as sementes , facemos sementeiros para poder plantar a próxima primavera.



Facemos mapasa mentais do aprendido e experimentado sobre os tomates e asúa planta.


Investigamos sobre os coidados que necesita a nosa plantación de fresas que iniciamos o curso pasado .
Compartimos ideas e vimos un video de coma as fresas poden reproducirse por estolones, despois deseñamos un plan de acción: Fomos ao horto e fixemos entre todxs a rutina de pensamento "Vexo, penso , pregúntome" posta en común, podamos e reproducimos a planta "Por estolones segundo as indicacións deste vídeo".









"VISITA ESPECIAL DE HORTENSIA"
HORTENSIA É EXPERTA EN FLORES E ADEMÁIS A  avoa de Manuela .
O 3 de novembro deúnos unha charla moi interesante sobre as flores: tipos, coidados, curiosidades....
Anotamos ideas E fixemoslle preguntas sobre como podemos construir un xardín vertical no noso patio.

Hortensia trouxo mostras diferentes e gustáronnos moito as súas explicacións.








miércoles, 10 de noviembre de 2021

HOXE QUERO FALAR DA MIÑA LOCALIDADE


Recibimos unha invitación para visitar a Casa do Concello de Tui. 


Foi unha visita guiada ensinaranos as diferentes dependencias, como se organiza e funciona e que fan as persoas que traballan ahí.






No segundo trimestre os nenxs de segundo serán expertos na súa localidade.

lunes, 18 de octubre de 2021

COHESIÓN DE GRUPO NA CLASE DE SEGUNDO

 Antes de comezar as tarefas nos diferentes ámbitos de aprendizaxe na clase de segundo realizamos diferentes actividades para traballar a cohesión de grupo e a importancia do traballo en equipo.

Algunhas das actividades realizadas son:


CÍRCULOS:

- Como che gusta que sexan os teus amigxs?

- Que che gusta facer cando non hai cole?

- Que parte do cole che gusta máis?


XOGOS:

Cada ovella coa súa parella: Cada nenx elixe unha tarxeta segreda cun animal e se desprazan polo espazo ,sen poder falar, imitando a onomatopeia e forma de camiñar correspondente, ata atopar ao compañeirx que ten o mesmo animal.

O espello. Por parellas mentres soa unha música, teñen que moverse en espello,cando pare a música, hai que cambiar de parella e continuar a dinámica.

A pita Cega: Xogamos o tradicional xogo da Pita Cega.

A maleta: Cada nenx trae un obxecto persoal importante para el/ela . Cando todos os obxectos estén dentro dunha caixa sacarase un por un os obxectos e xogaremos a adivinar de quen explicando as razóns.

CONTOS:

Elmer. Lemos o conto entre todos facemos unha reflexión e elaboramos un mural colaborativo(en equipos) que represente os diferentes momentos da historia.

Asemblea na Carpintería: Lemos a historia, reflexionamos sobre ela , e debuxamos (corpo enteiro) resaltando as nosas fortalezas, que é o que podemos aportar para o traballo en equipo.

A mellor sopa do Mundo: Lemos a historia , reflexionamos sobre ela e facemos un mural colaborativo por equipos.