Antes de comezar as tarefas nos diferentes ámbitos de aprendizaxe na clase de segundo realizamos diferentes actividades para traballar a cohesión de grupo e a importancia do traballo en equipo.
Algunhas das actividades realizadas son:
CÍRCULOS:
- Como che gusta que sexan os teus amigxs?
- Que che gusta facer cando non hai cole?
- Que parte do cole che gusta máis?
XOGOS:
Cada ovella coa súa parella: Cada nenx elixe unha tarxeta segreda cun animal e se desprazan polo espazo ,sen poder falar, imitando a onomatopeia e forma de camiñar correspondente, ata atopar ao compañeirx que ten o mesmo animal.
O espello. Por parellas mentres soa unha música, teñen que moverse en espello,cando pare a música, hai que cambiar de parella e continuar a dinámica.
A pita Cega: Xogamos o tradicional xogo da Pita Cega.
A maleta: Cada nenx trae un obxecto persoal importante para el/ela . Cando todos os obxectos estén dentro dunha caixa sacarase un por un os obxectos e xogaremos a adivinar de quen explicando as razóns.
CONTOS:
Elmer. Lemos o conto entre todos facemos unha reflexión e elaboramos un mural colaborativo(en equipos) que represente os diferentes momentos da historia.
Asemblea na Carpintería: Lemos a historia, reflexionamos sobre ela , e debuxamos (corpo enteiro) resaltando as nosas fortalezas, que é o que podemos aportar para o traballo en equipo.
A mellor sopa do Mundo: Lemos a historia , reflexionamos sobre ela e facemos un mural colaborativo por equipos.